LyricFind Logo
LyricFind Logo
Profile image icon
Lyric cover art

Space Drunkers

Apple Music logo
Deezer logo
Spotify logo
Lyrics
Velaí vén nunha nave
Aquí ninguén sabe
De onde virá este prenda de pel suave
Cruza o ceo nun cacharro sen aristas
Á vista
Para aterrar non precisa pista
Semella pura bruxería pero voa
Sen popa nin proa
Zoa
Un son orgánico que acolloa
Croa
Máxico pousa a carón da lagoa
Despacio
Velaí sae un tipiño enxoito
Esvelto
Envolto
En látex ou coiro
Listo
Aproveita que estamos no Entroido
E camúflase
Máis espelido que un demonio
Non sei ti, pero por máis que o miro
Non me parece ser un ser agresivo
Vai decidido
Camiña con estilo
Pero non percibo nel ningún perigo
Pola celeridade coa que move as pernas
Diría que este prenda vai para a taberna
E alí entra
E sen dicir verba
Recibe un caldeiro de licor de herbas
Non entendo, aquí algo estraño hai
Este menda é meigo ou jedi
Debe de ter o poder verdadeiro
Para introducirse na mente dos taberneiros
Están aquí
Non hai que facer
Veñen beber o teu licor café
Priban e van
Marcharán
Cando rematen ata co pacharán
Están aquí
Non hai que facer
Veñen beber o teu licor café
Priban e van
Marcharán
Cando rematen ata co pacharán
Eles sementaron a vida no planeta azul
Para poder vir aquí a poñerse ata o cu
Non teñen fame
Só levan sede
Beben
Beben
Beben
Beben
Mira, pero ti ves como se poñen os ET´s?
Non lle fan ascos nin ao Licor 43
Cres que tes saque bebendo alcohol?
Estes traballan ata o licor de melocotón
Un
Secou un furancho en ribeira
Dous
A zona vella de Compostela
Tres
A fábrica dos Fillos de Rivera
Catro á vez poden lamber canto queiran
Deben ter un metabolismo especial
Que a nosa mente nin sequera consegue imaxinar
Catalizan o alpiste como unha fonte de enerxía
Ca resaca acadan a fusión fría
Pero non son unha especie perigosa
Velos nadar en viño é unha experiencia marabillosa
Cando veñen
Veñen como rosas
Cando marchan
Marchan como brótegas
Non te van sondar
Van secar o teu bar
Non te van sondar
Van secar o teu bar
Non te van sondar
Van secar o teu bar
Non te van sondar
Van secar o teu bar
Están aquí
Non hai que facer
Veñen beber o teu licor café
Priban e van
Marcharán
Cando rematen ata co pacharán
Están aquí os troncos siderais
Tipos especiais
Chuzas espaciais
Non somos unha granxa de comida
Somos a súa destilería
Están aquí
Non hai que facer
Veñen beber o teu licor café
Priban e van
Marcharán
Cando rematen ata co pacharán
Están aquí os troncos siderais
Tipos especiais
Chuzas espaciais
Non somos unha granxa de comida
Somos a súa destilería.

WRITERS

Julio Negueruela Vázquez

PUBLISHERS

Lyrics © O/B/O DistroKid

Share icon and text

Share


See A Problem With Something?

Lyrics

Other

LyricIQ Analysis

Top Emotion

Enjoyment

Sentiment
Thumbsup Icon
Theme

Substance Use