LyricFind Logo
LyricFind Logo
Profile image icon
Lyric cover art

Rico de Sabor

Apple Music logo
Deezer logo
Spotify logo
Lyrics
Estou teso, non vexo unha solución,
Os expertos sinalan co dedo á inflación,
Non creo, eu máis ben desinchei,
Debo ter un bo socavón no peto tamén...
Entran 2,
Saen 3,
Dou perdas,
Xa quixera que o problema estivera nos ceros á esquerda;
Se o divisor é maior que o dividendo
É todo corgueiro desde xaneiro ata decembro.
Pasa un mes e outro mes máis vai alá...
Xa se toca bisesto bótome a chorar,
Dou sentido ao substantivo "resiliencia",
Cum —cum— laude —laude— en situacións adversas.
A miña conta non é como as demais,
É sentida,
Tímida,
Ruborízanse ata os decimais.
Os caixeiros,
En vez de cartos,
Sóltanme kleenex,
Estou tentado en voltar ao crime.
Rico de sabor,
Pero non teño un peso.
Só ingreso se me levan preso.
Rico de sabor,
Pero non teño un puto peso.
Só ingreso se me levan preso.
Estou tan teso que parezo tallado a cicel,
Separo as pernas,
Meto panza
E ves a Torre Eiffel;
Estou no chásis,
Case na indixencia,
Pase o que pase
Loito para manter a mesma esencia.
Estou tan pelado como un páramo maltreito,
De feito
Semello unha leira do averno en pleno barbeito,
Non hai dereito,
Xa estou afeito a estar afeitado,
Agarimo cos dedos da man a paga do Estado...
Pero non chego por milímetros,
Sigo no limbo,
Aquí nin arre nin xo,
Tan só,
Sobrevivindo
Como se pode,
Aínda que a alguén lle incomode,
Podes ser rica, rico, amiga, amigo, a estilo non me fodes.
Sabes que a sotavento é como te curtes?
Se tes a pasta por castigo caes en cero tres...
Cres que non vou chegar lonxe?
Non me culpes,
Eu só me dirixo a onde me leven os meus pés.
Rico de sabor,
Pero non teño un peso.
Só ingreso se me levan preso.
Rico de sabor,
Pero non teño un puto peso.
Só ingreso se me levan preso.

WRITERS

Julio Vázquez

PUBLISHERS

Lyrics © O/B/O DistroKid

Share icon and text

Share


See A Problem With Something?

Lyrics

Other

LyricIQ Analysis

Top Emotion

Sadness

Sentiment
Thumbsup IconThumbsup Icon
Theme

Sexual