LyricFind Logo
LyricFind Logo
Profile image icon
Lyric cover art

Rap Cru

Apple Music logo
Deezer logo
Spotify logo
Lyrics
De camiño vou cunha base de Møu nos cascos
Puro flow destes non ves na Praza de Abastos
Vou a pé non teño carné nin o quero
Porque só me manexo a min mesmo son sincero
E mentres camiño vou escribindo isto na miña cabeza
Se pasado mañá me esquezo é porque non vale a pena
Pero co mans ceibes sempre dá igual onde estea
Sexa no mar na praia nun bar ou na cadea
Rap Rap só sei facer Rap non teño nada que inventar
Non lle pidas a un castiñeiro dar landras
Para min non é oferta e demanda o que dirixe esta vaina
Amo o rap lévoo dentro aquí cosido na alma
Nada máis meu nada menos é sinxelo
Isto mesmo ben poden facelo os nenos
Ocio ou negocio? Son maneiras de velo
Non o fago para comer eu como para poder facelo
Ei!
O hip hop é o movemento do que namorei
Ei!
Scratches baixos bombos caixas son a miña lei
Ei!
Vas de cu se queres un menú de changa
Rap cru na miña crew non hai pachanga
Ei!
O hip hop é o movemento do que namorei
Ei!
Scratches baixos bombos caixas son a miña lei
Ei!
Vas de cu se queres un menú de changa
Rap cru na miña crew non hai pachanga
Bo bo proveito por favor pouco feito
Se o produto é bo condimentos si pero con xeito
Insatisfeito quedo cando me sabe todo igual
Pois dun pemento a un polo a un quino a un calamar hai bo treito
Isto é cociña de produto se esperas a que enmascare
a calidade da carne non perdas un minuto máis
Así espido como un rancho case sen arranxos
A miña voz soa como os putos anxos
Non a podes escoitar mellor
se queres que me disfrace pronto perde o meu sabor
de produtor M⌀u son de autor Rapapoulo Producións
non é un estudio é unha destilería de flow
Sigo camiñando cara o solpor non levo présa
3 barras máis e xa está lista a peza
16 compases 2 partes todo okei
e agora repouso sobre o retrouso porque xa cheguei
Ei!
O hip hop é o movemento do que namorei
Ei!
Scratches baixos bombos caixas son a miña lei
Ei!
Vas de cu se queres un menú de changa
Rap cru na miña crew non hai pachanga
Ei!
O hip hop é o movemento do que namorei
Ei!
Scratches baixos bombos caixas son a miña lei
Ei!
Vas de cu se queres un menú de changa
Rap cru na miña crew non hai pachanga

WRITERS

Julio Negueruela Vázquez

PUBLISHERS

Lyrics © O/B/O DistroKid

Share icon and text

Share


See A Problem With Something?

Lyrics

Other

LyricIQ Analysis

Top Emotion

Enjoyment

Sentiment
Thumbsup IconThumbsup Icon
Theme

Coarse Language