LyricFind Logo
LyricFind Logo
Profile image icon
Lyric cover art

Ra e Apofis

Apple Music logo
Deezer logo
Spotify logo
Lyrics
Ás veces creo que non hai máis que dor,
Vexo as tebras medrar ao meu redor,
Deixo que no odio afogue o meu amor,
Penso que a luz ten por destino o solpor.
Non teño medo, o medo amarga,
Hai tempo para o baleiro eterno que me agarda,
Nunca chego tarde, esta vez non será cedo,
Espero ata que vexa o meu reflexo no gume desa gadaña.
Eu non apuro o vaso, non teño présa,
Deixa que quenza a cervexa;
Nesta mesma mesa xa está todo pago, invito a un trago,
Se a morte bota outra volta, benvida sexa.
Ás veces caio no fondo máis fondo,
Non me quedan folgos dabondo para saber se son
Unha ilusión efémera, un soño,
Un barco que suca os mares da imaxinación.
Cantas veces sombras tinguen o meu siso,
Ben seguro diso vén a cara adusta,
Cantas veces feras penas somatizo,
Borra o meu sorriso unha sociedade inxusta.
Longas sombras brotan ao anoitecer,
Densas tebras medran no teu ser,
Se cres que nunca sairás delas,
Lembra que as estrelas brillan aínda que non as poidas ver.
Fondas forzas forman ondas no mar,
Firmes lindes definen onde pisar,
Se pos un só pé fóra, estás fóra,
Benvida, o noso destino é naufragar.
Mais pouco a pouco as sombras perden a súa cor,
Olla cara o estribor, contempla o resplandor...
Apofis reina no solpor, Amón-Ra no albor,
Nesta batalla non atoparás gañador —claro que non...—.
A dualidade eterna, luz e escuridade
Son unha sucesión alterna,
Mais nas tebras medra algunha flor,
Ata no máis profundo rancor hai espazo para o amor.
Teño unha leda nena, pequena Xela,
A vela que aluma un devezo;
Teño unha albela bela, soñada Arela,
A estrela fugaz do meu desexo.
Teño unha Santa Ía, unha luz que me guía,
Unha deusa que á densa noite converteu en día.
Xela, Arela, Ía, miñas vidas, vidas miñas,
Se existe o ceo... eu vivo un metro máis arriba.
Teño dous irmáns polos que paro co peito unha bala,
Tamén un pai, unha familia ao estilo da siciliana,
Máis amigos dos que podo cultivar,
Uns irmáns ke te crew que van moito máis alá do rap...
Se penso niso digo "sobran os motivos
Para manter o sorriso, o lume debe seguir sempre prendido"...
Nacín espido e morrerei lixeiro pero opulento,
A miña divisa son os sentimentos.
Longas sombras brotan ao anoitecer,
Densas tebras medran no teu ser,
Se cres que nunca sairás delas,
Lembra que as estrelas brillan aínda que non as poidas ver.
Fondas forzas forman ondas no mar,
Firmes lindes definen onde pisar,
Se pos un só pé fóra, estás fóra,
Benvida, o noso destino é naufragar.
Longas sombras brotan ao anoitecer,
Densas tebras medran no teu ser,
Se cres que nunca sairás delas,
Lembra que as estrelas brillan aínda que non as poidas ver.
Fondas forzas forman ondas no mar,
Firmes lindes definen onde pisar,
Se pos un só pé fóra, estás fóra,
Benvida, o noso destino é naufragar.

WRITERS

Julio Negueruela Vázquez

PUBLISHERS

Lyrics © O/B/O DistroKid

Share icon and text

Share


See A Problem With Something?

Lyrics

Other

LyricIQ Analysis

Top Emotion

Sadness

Sentiment
Thumbsup IconThumbsdown Icon
Theme

Abuse and Violence