Eu son dos que tarda moito en darse por vencido
Aínda morto non todo está perdido
Ter inquedanzas Polas que loitar
Facer medrar as esperanzas
Vas de lado se cres que vou baixala cabeza
Esa crenza tan só alenta a miña fortaleza
Mais se ti cres que hoxe vou encartar
O pracer de ver o mencer deter a noite
Converter o tempo de onte en hoxe
Só unha, unha soa bafarada
A pasta súdama, súdame a gaita
As almas non visten de gala
O teu cadal non valerá nada
As nosas bágoas abrandarán a pedra
A semente forte e fértil medrará
Alá nas mesmas entrañas da terra
Brotará o xerme da desobediencia do mañá
As nosas bágoas abrandarán a pedra
A semente forte e fértil medrará
Alá nas mesmas entrañas da terra
Brotará o xerme da desobediencia do mañá
Din que a esperanza ten que ser sempre o último que se acabe
Vai xusto despois da dignidade, sabes?
O que non chora non mama e o que cala a boca acata
Nunca deixes que che mordan
Varios miles de millóns de ovellas ós lobos devoran
A submisión é a condición dos cretinos
Bostezo cando un necio fala do destino
Non comprendo o termo conformismo
Sen pensamento crítico diviso un abismo
Para romper a perpetuidade
Na educación das nosas fillas está a clave
Sei, sei que estamos a tempo
Disipo as tebras cun sorriso
Agora é tempo de sementar neste serán
O futuro é das xeracións que veñen mañá
As nosas bágoas abrandarán a pedra
A semente forte e fértil medrará
Alá nas mesmas entrañas da terra
Brotará o xerme da desobediencia do mañá
As nosas bágoas abrandarán a pedra
A semente forte e fértil medrará
Alá nas mesmas entrañas da terra
Brotará o xerme da desobediencia do mañá.