LyricFind Logo
LyricFind Logo
Profile image icon
Lyric cover art

Non Traio Un Laio

Apple Music logo
Deezer logo
Spotify logo
Lyrics
Para todo aquel que renegue do galego traio
O trono, o lóstrego e mailo raio
Non son lacaio do laio
Non ensaio o salaio ata o desmaio
Para quen se sinta inferior
Teño versos rebosantes de amor
Recolleitos para os complexos sen teito
Feitos para que inches o peito
Seguimos na mesma
Baixando a cabeza, arrastrados como lesmas
Que intentan cruzala autoestrada
E piden perdón logo de ser aplastadas
Unha mestura de submisión
Falta de amor propio e determinación
Autoestima
Orgullo
Sobra abnegación
Confundimos hospitalidade e subordinación
Quizais queiramos agradar de máis
Nada para nós
Todo para os demais
Quizais debémonos sentir especiais
E cuspir na cara aos que nos ven como animais
Alfonso Rueda e a lingua atropela
Ten entre as cellas pisar a fala galega
O Partido Popular e os seus colegas
De Galicia Bilingüe son uns fillos de
Reivindicar o uso
Da segunda lingua máis falada do mundo é un insulto
Ladróns de cores do arco da vella sodes
Non merecedes o indulto
Para todo aquel que renegue do galego traio
O trono, o lóstrego e mailo raio
Non son lacaio do laio
Non ensaio o salaio ata o desmaio
Para quen se sinta inferior
Teño versos rebosantes de amor
Recolleitos para os complexos sen teito
Feitos para que inches o peito
Inspira fondo, tan só
Sinte o osíxeno enchoupar os pulmóns
Exhala forte
Bota dun golpe a vergoña xunto co"ceodous"
Ergue a cabeza e non a volvas baixar
Xamais te verás inferior aos demais
Por falar a fala que nos fai especiais
A lingua dos galegos orixinais
Cando a loita é de um contra 100
Tes que usar o teu súper poder
Solta a bandeira branca
Veña volta, levanta, tira de retranca!
Bota todo vestixio de prexuízo ó lixo
Mantente rixo
Rixa
Sinte o prodixio dun feitizo
Que fixo da inxuria prestixio
En galego penso
Falo
Escribo
Soño
Sinto
Canto
Vivo
En galego fago o amor
A miña lingua na túa gorxa
En galego medran Xela e Arela
As nenas belas Negueruela
En galego este sorriso
Cando falo non pido permiso
Para todo aquel que renegue do galego traio
O trono, o lóstrego e mailo raio
Non son lacaio do laio
Non ensaio o salaio ata o desmaio
Para quen se sinta inferior
Teño versos rebosantes de amor
Recolleitos para os complexos sen teito
Feitos para que inches o peito.

WRITERS

Julio Negueruela Vázquez

PUBLISHERS

Lyrics © O/B/O DistroKid

Share icon and text

Share


See A Problem With Something?

Lyrics

Other

LyricIQ Analysis

Top Emotion

Enjoyment

Sentiment
Thumbsup Icon
Theme

Sexual