Estamos inmersos nunha era convulsa
Máis nervio se es nai ou pai
Quizais sexamos inmortais
Involucionar é o deporte máis universal
As neuronas afogan no abisal mar visceral
Os fascistas tras ir nas listas
Política e aquí ninguén rechista
Cando ler un libro está en perigo de extinción
A xente confunde coñecemento con información
Os nenos non queren ser José Saramago
Pseudoanalfabetos no sentido cultural
O nivel está a ras de chan
Sobre-estimular con contidos estériles
Crea sociedades infértiles
Sen identidade nin carácter
Que cres que será de nós pasado mañá?
Se hoxe xa ata a intelixencia é artificial
Penso que esta é unha época funesta
Non pretendo ser un augafestas, pero
De que a cada segundo agarda un futuro máis escuro
De que a cada segundo agarda un futuro máis escuro
Darémonos conta de que o puto capitalismo ten premio
Non quedará de pé nin un só tronco no que abrazarte
Non coñezo nada máis insaciable
Nin argumentos para que solte os cubertos
Nin sequera o fará polo futuro dos seus netos
Se a súa satisfacción xustifica a extinción
A nosa supervivencia implica a súa eliminación
Estamos preto do punto de non retorno
Quente estase tan ben no sofá
Que se a xente sofre en fronte tanto dá
O sol non se pon no xardín de fantasía
Alá onde a egolatría sepulta a empatía
Os grandes grupos de medios son os oleiros
Conseguen que os pobres dean o seu voto para os ricos, pero
De que a cada segundo agarda un futuro máis escuro
De que a cada segundo agarda un futuro máis escuro.