Vai unha noite bela, desas nas que vale a pena estar
Temperatura suave, desde un enclave espectacular
Hai un ambiente especial, negatividade nin rastro
E tan só brillan por riba de nós os astros
Un doce aire de seda agarima a face
Compráceme ver como loce a luz sen antiface
Na noite, a natureza do benquerer renace
Só compre abrir a man para que a nosa alma alcance
Se cadra agora xa non preciso ter máis nada
Só desexo ver cos meus ollos o pracer da calma
Sentir que o tempo entre os dedos esvara
Para, agarda, envaiña a sempiterna arma
Voando vou sobre máxicos sons
Non preguntes de onde son, só interesa onde estou
Aquí e agora.. facendo rap pero coas tripas fóra
Se cadra son.. se cadra son
Se cadra son un amigo imaxinario
Un reflexo dun eco dun pensamento solitario
Un corcel que galopa arredor do carrusel
O ronsel que unha bágoa debuxa na pel
Se cadra son un amigo imaxinario
Un reflexo dun eco dun pensamento solitario
Un desexo atrapado entre o vaivén do mar
Un soño dentro dun soño que soña non espertar
Cando da noite emana un halo máxico idílico
Sinto que pode desbordar o meu torrente onírico
O límite que linda realidade con fantasía
Non é unha liña, é unha fina calixe maxicamente sombría
Se os soños atravesan a brétema.. fanse reais?
Quizais.. tampouco pensei que fosen artificiais
Cal é o ideal? Que é máis real? Eu non o comprendo
O que ven os ollos cara fóra ou cara dentro?
Durmido esperto durmido, diserto
Nacido para ser elixido dun sitio incerto
Perdido nos recunchos dun soño encuberto
Onde o sentido é esquecido e o coñecido descuberto
Alá onde as sombras danzan coa cor
E as lembranzas alumean respostas nas adiviñanzas
Se cadra son.. a faísca dun amor
Eternamente candente de esperanza
Se cadra son un amigo imaxinario
Un reflexo dun eco dun pensamento solitario
Un corcel que galopa arredor do carrusel
O ronsel que unha bágoa debuxa na pel
Se cadra son un amigo imaxinario
Un reflexo dun eco dun pensamento solitario
Un desexo atrapado entre o vaivén do mar
Un soño dentro dun soño que soña non espertar..