Sombras devoran o antigo fulgor
Sorben reflexos do espello interior
Tan só o amor esvaece a dor
Mais hai saberes ancestrais
Seres que posúen poderes sobrenaturais
Entes que escapan das leis dos mortais
Hai quen reflexa a maldade complexa
Desexa a desgraza como sexa
Máis que causar mal para sentirse vivo
Enraizan de vagar ata que a túa persoa
Nos versos daquel aquelarre
Nos beizos que saborean o sangue
A perversidade é o pracer
Sombras devoran o antigo fulgor
Sorben reflexos do espello interior
Tan só o amor esvaece a dor
Sombras devoran o antigo fulgor
Sorben reflexos do espello interior
Tan só o amor esvaece a dor
A súa mirada non me dana nin fai fenda nesta pedra
Aquela sombra medra ao longo e ancho desta senda
Pero xa cortamos de raíz tan basta e mesta hedra
O meu escudo é un guerreiro de Xián
E a luz da Alba disipa as fondas tebras
Vibracións que rompen o cristal
Que desatan fortes tempestades de sal
O único que ti proxectas só son ciumes
Que nunca acadan estes altos cumes
Dende arriba ollamos a túa penumbra
Onde esvaeces como orballo entre a bruma
Sombras devoran o antigo fulgor
Sorben reflexos do espello interior
Tan só o amor esvaece a dor
Sombras devoran o antigo fulgor
Sorben reflexos do espello interior
Tan só o amor esvaece a dor