LyricFind Logo
LyricFind Logo
Profile image icon
Lyric cover art

Baixo Cal

Apple Music logo
Deezer logo
Spotify logo
Lyrics
Cantos nazis máis hai aquí?
Os monstros regresaron cando estabamos a durmir
Sábelo
Cantos nazis máis hai alá?
Volvemos tropezar coas brasas que ninguén quixo apagar
Dime ti, cantos nazis máis hai aquí?
A historia rebobina e o Medievo é o porvir
Sábelo
Cantos nazis máis hai alá?
Sempre volverán.. ata que os enterremos baixo cal
E disque hoxe no cemiterio hai visita
Crepitan as criptas
Vomitan fascistas
Van en banda
De panda nefanda
Vitanda
Semella que veñen con ganas de parranda
Cheiran ao aire corrupto e cargado
Do abrupto e pesado
Reduto do pasado
Hai que ter coidado
Porque se miras a outro lado
Ofreces o teu pescozo á dentada dos desalmados
Do medo viven
Do odio
Da bile
Do fake
Da cotra que se forma en torno á Lei
Medran entre a roña máis podre da sociedade
A verdade evaden mediante unha ambigua lexitimidade
Veñen co cabeiro ben grande
Enzoufado de sangue
Son a pandemia que se expande
Sen fin
Entre as pestes a máis ruín
Se sintes o fedor ó teu redor
Tan só dime ti
Cantos nazis máis hai aquí?
Os monstros regresaron cando estabamos a durmir
Sábelo
Cantos nazis máis hai alá?
Volvemos tropezar coas brasas que ninguén quixo apagar
Dime ti, cantos nazis máis hai aquí?
A historia rebobina e o Medievo é o porvir
Sábelo
Cantos nazis máis hai alá?
Sempre volverán.. ata que os enterremos baixo cal
Son devotos do impacto inmediato
Do disparate viral
Do meme
Do bulo
Do arrebato
Do insulto
Do culto ao algoritmo do odio
O odio dá likes
Os likes son soldo
Devoran o pensamento crítico da sociedade
Como as velutinas invaden colmeas con veracidade
Hipotecan o futuro de xeracións enteiras
Prometen patria
Pero venden terra baleira
Máis quen está aí detrás movendo os fíos?
Que nigromantes dan vida a eses corpos fríos?
As élites
Por cobiza e por poder
Erguen monstros sombríos que impiden á luz resplandecer
Un morto vivente non ten discurso, ten carraxe
Rabia
Odio
Ira
Porta unha pútrida mensaxe
O silencio é asentir
Poñerse de perfil
É garantir o seu dereito de existir
Cantos nazis máis hai aquí?
Os monstros regresaron cando estabamos a durmir
Sábelo
Cantos nazis máis hai alá?
Volvemos tropezar coas brasas que ninguén quixo apagar
Dime ti, cantos nazis máis hai aquí?
A historia rebobina e o Medievo é o porvir
Sábelo
Cantos nazis máis hai alá?
Sempre volverán.. ata que os enterremos baixo cal.

WRITERS

Julio Negueruela Vázquez, Javier Mourón Figueroa

PUBLISHERS

Lyrics © O/B/O DistroKid

Share icon and text

Share


See A Problem With Something?

Lyrics

Other

LyricIQ Analysis

Top Emotion

Anger

Sentiment
Thumbsup IconThumbsup IconThumbsup Icon
Theme

Political